- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-424-7
- Páxinas:
- 8
- Encadernación:
- Tela
- Colección:
- < Xenérica >
ALETAS E BURBULLAS
GALÍ, MERCÈ
Un libro de tea diferente para mergullarnos no fondo do mar.
Aletas e burbullas é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida mariña.
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algunhas das especies que poboan o océano, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con Pelos e plumas, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado aos animais da granxa. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas publicadas para estas idades.
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.