0
ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?

ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?

ANEIROS, ROSA

15,50 €
IVE incluído
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
Ano de edición:
2014
Materia
Lectores avezados, de 13 endiante
ISBN:
978-84-9914-683-6
Páxinas:
336
Encadernación:
Otros
Colección:
Milmanda
15,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos?
Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino?
Terminal de? chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?

Artículos relacionados

  • ME LLAMO REBEL
    ME LLAMO REBEL
    MONTGOMERY, ROSS
    La historia bestseller de The New York Times que te hará amar a Rebel como si fuese tu perroREBEL: EL HÉROE PERRUNO QUE CONQUISTARÁ TU CORAZÓN• Más vendido de The New York Times• Finalista del Premio Strega Ragazzi e Ragazze• Nominado a la Carnegie Medal• Libro infantil del año en Waterstones• Libro infantil del año en Foyles• Premio Books Are My Bag, de la Asociación de librer...

    16,90 €

  • AMIGO INVISIBLE
    AMIGO INVISIBLE
    JOMAIN, SOPHIE
    Una Navidad para cambiarlo todo ¿Sabes ese momento en el que dudas de si estás tomando las decisiones acertadas? Así estoy yo. Siento que, a pesar de tenerlo todo, me falta algo y no sé qué es. Quizá es el momento de replantearme las cosas.  Este diciembre me he comprometido a ser voluntaria en la asociación. Solo por probar, claro. Y más ahora que he organizado un amigo inv...

    18,95 €

  • LA SILLA DE PLATA
    LA SILLA DE PLATA
    LEWIS, C.S.
    RECUERDA,RECUERDA,RECUERDA LAS SEÑALES…Dos amigos se embarcan en una arriesgada misión del gran león Aslan: encontrar al príncipe desaparecido de Narnia, a quien no se ha visto en más de diez años. Entre peligros incontables, su búsqueda los lleva a las más oscuras profundidades, donde un mal mortal y encantador aguarda. Quienes han ido en busca del príncipe no han regresado ja...

    14,90 €

  • UN CORAZÓN POR NAVIDAD
    UN CORAZÓN POR NAVIDAD
    JOMAIN, SOPHIE
    Edición especial... ¡del mejor calendario de adviento para booklovers! 24 capítulos. 24 días hasta Navidad.Un mes para que mi corazón lata de nuevo. Volver a pasar la Navidad en los Alpes con mi padre está siendo difícil. Y más tras mi trasplante de corazón. Durante este tiempo mi vida ha sido muy# precavida: dieta exhaustiva, deporte controlado# Vamos, que apenas he hecho na...

    22,95 €

  • PONTEALBAR
    PONTEALBAR
    NOIA, ADRIÁN
    A vida de Pedro de Pontealbar muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlle a Pedro a salvación da súa aldea antes de que sexa demasiado tarde.Comeza así unha aventura por un mundo indescritible situado...

    15,50 €

  • UN AMOR DE DICIEMBRE
    UN AMOR DE DICIEMBRE
    ASHER, LAUREN
    Tu lectura perfecta para el mes de diciembre: un capítulo al día hasta el desenlace.La irresistible novela de adviento de la autora bestseller en The New York Times. ...

    18,90 €

Outros libros do autor

  • UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA
    UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA
    ANEIROS, ROSA
    Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos? Exacto! A fascinación pola Antártida! A iso debemos sumar o odio que Alma sente por eles. A súa nai era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo, un m...

    12,95 €

  • SOL DE INVERNO
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemá...

    26,95 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistocen...

    13,50 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...

    18,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...

    13,50 €

  • SIBILA
    SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle...

    18,95 €