- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 1992
- ISBN:
- 978-84-1176-509-1
- Páxinas:
- 96
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Literaria
AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA
CASTELAO
Un estudo presentado en edición facsímile que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns.
Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudo feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Bretaña, no que se investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características dese país. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlandae Galicia) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.