- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Ano de edición:
- 2009
- ISBN:
- 978-84-92644-01-8
- Páxinas:
- 120
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
AS EMBARCACIONS TRADICIONAIS
DO ARCO ÁRTABRO ATA RIBADEO
MAIZ, BERNARDO
Libro de fotografías no que se analiza un patrimonio cultural especialmente sensible, o vinculado ao mundo do mar, un acervo que, tendo como fío conductor as augas que abeiran Galicia e que son un dos seus principias sinais de identidade, é enormemente variado e espallado. Porque estamos falando dun patrimonio, todo o relacionado co mar, que comprende, por un lado, os elementos flotantes, é dicir, as embarcacións de todo tipo e tamaño; por outro, as construcións e o moblaxe sitos na banda costeira e vinculados ao uso e á explotación daquelas augas; e, en fin e aínda a maiores, comprende os aspectos patrimoniais chamados intanxibles ou inmateriais pero que na súa maior parte se poden asociar a espazos, construcións e obxectos físicos, materiais e concretos.