- Editorial:
- AIRA EDITORIAL
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 979-13-990546-9-9
- Páxinas:
- 328
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
AS TRES BEIRAS
ESTEVEZ, MARTA
O barco de Ulises, en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunta os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.
Nesta novela, Marta Estévez retrata a infancia da xeración nacida no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a súa terra para intentar gañar un futuro en América. Todo baixo a luz fascinante das illas atlánticas.