
- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-8289-316-7
- Páxinas:
- 60
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- INFANTIL
BAILABÉN
MANUAL DE APRENDIZAXE DO BAILE TRADICIONAL GALEGO
COTILLA QUINTELA, EDITH / COUTO RODRIGUEZ, GUSTAVO
Con este manual pretendemos achegar material didáctico ao eido do baile tradicional, ou polo menos dar un primeiro paso nese camiño. É a nosa intención proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria unha ferramenta de axuda nas súas aulas. Así poderán dar a coñecer unha parte moi importante do noso patrimonio inmaterial. Diríxese tamén a todos aqueles afeccionados e ensinantes do baile tradicional que queiran seguir a nosa liña sinxela e didáctica.
Neste libro e no DVD que o acompaña atoparedes indicacións e descricións dos movementos de xota e muiñeira reforzadas con fotografías, así como un documento audiovisual de máis dunha hora de duración.
Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez son mestres de baile tradicional e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago.