- Editorial:
 - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
 - Ano de edición:
 - 2024
 - ISBN:
 - 978-84-09-61558-2
 - Páxinas:
 - 237
 - Encadernación:
 - Rústica
 - Colección:
 - < Xenérica >
 
BREZHONEG. A LINGUA CELTA DA BRETAÑA
ROBERT NEAL BAXTER FORD
O libro ten por obxectivo estreitar os lazos entre os pobos da Bretaña e a Galiza ao permitir achegar, por vez primeira, as galegas e os galegos directamente na súa propia lingua a unha das máximas expresións do xenio cultural da Bretaña, nomeadamente o seu idioma celta, ar brezhoneg. Tras unha introdución que presenta a historia e a situación actual do bretón, dá paso a unha detallada descrición da pronuncia e da gramática desta fascinante lingua, antes de pechar cun vocabulario bilingüe organizado por temas e, finalmente, unha listaxe de frases que resultarán útiles para tecer pontes á hora de unha galega ou de un galego visitar a Bretaña ou mesmo de unha bretoa ou de un bretón visitar a Galiza.