- Editorial:
- IRMÁS CARTONÉ
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-129042-8-4
- Páxinas:
- 232
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
CANTO MÁIS NEGRA É A AMORA
THURMAN, WALLACE
A pel de Emma Lou Morgan é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en plena efervescencia atopa unha vibrante escena de clubs, salóns de baile, festas, amoríos... e, aínda así, o rexeitamento tamén da súa propia raza.
Wallace Thurman recrea maxistralmente unha época e un lugar lendarios con gran riqueza de detalle, describindo a vida social e sentimental de Emma Lou, así como os seus soños e as súas desilusións, e a transcendental decisión que toma para sobrevivir.