
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-317-3
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
CARACOL, ONDE ESTÁS?
UNGERER, TOMI
?Caracol, onde estás?? publicouse por primeira vez en 1962 e 55 anos despois segue conservando a frescura e a orixinalidade iniciais. Nesta obra para pre-lectores e primeiros lectores, Tomi Ungerer utiliza o recurso da camuflaxe -que tamén lle inspirou ?Onde está o meu zapato??- para propoñer un sinxelo xogo visual: indagar nas formas, escudriñar nos detalles e nos escenarios que rodean os personaxes para atopar o obxecto agochado.
Abonda o título do libro para deixar o interrogante aberto en cada páxina: unha incitación á busca, á curiosidade e ao desenvolvemento da agudeza visual a través de ilustracións recoñecibles e cunha paleta de cores intensas e luminosas.