
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-8487-733-2
- Páxinas:
- 480
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA
ANÁLISES, EPISTOLARIO E ENTREVISTAS
PICALLO, HÉITOR
Coido que acerta de cheo Héitor Picallo ao titular Cartografía ideolóxica o seu retrato se cadra cubista, ousaría dicir eu do feitío humán e a odiseia existencial de Xosé Lois García. Porque tanto a persoalidade canto a obra e a traxectoria vital do Xosé Lois, versáteis e pluridimensionais, exprésanse e desenvólvense a traveso de moi diversas e variadas 'xeografías', mais sempre definidas e orientadas por un esquema axiolóxico de valores éticos, culturais e ideolóxicos que as dotan dun sentido inequívoco de lealdade ás orixes e que artellan o seu polimorfo universo persoal nun conxunto insolitamente congruente.
Évos ese, ao meu ver, o Xosé Lois García que protagoniza a viaxata odiseica relatada neste libro, da man, nesta versión apócrifa, do Telémaco encarnado no mozo apaixoado que é Héitor Picallo, insaciabelmente curioso e tenaz na esculca rigurosa do cartafol da 'cartografía ideolóxica' do Xosé Lois. Disfroitade do relato e que vos sexa de proveito: temos moito que aprender dil. (Xosé Manuel Beiras)