- Editorial:
- TEMPO GALIZA EDITORA
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 979-13-990390-0-9
- Páxinas:
- 300
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- A república das ideas
CASTELAO. CHAMA E ALENTO INCESANTE
É innegábel nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX.
De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.