- Editorial:
- DIPUTACION DE OURENSE
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-88522-41-2
- Páxinas:
- 196
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
CASTROMAO (CELANOVA)
FARIÑA BUSTO, LUIS
Esta Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos que configuran a paisaxe e a historia de Galicia.Por esta razón ofrece unha dobre posibilidade para poder ser lida dende casa o que fai precisa a incorporación dun amplo repertorio gráfico que facilite a súa comprensión ou percorrendo o xacemento arqueolóxico, seguindo o itinerario sinalizado existente, e co apoio do aparato gráfico valorar mellor o que se ve.O seu contido permite achegarnos ao xacemento, entendelo no seu contexto xeográfico e cultural, para seguidamente percorrer a historia da investigación e dos traballos que alí se executaron. Continuase coa descrición pormenorizada da escavación e dos seus resultados, así como das cronoloxías dos diferentes espazos estudados e dos problemas de interpretación existentes. Finalmente se completa cunha mostra dalgúns dos elementos arqueolóxicos encontrados nos traballos.