- Editorial:
- EDICIÓN DO AUTOR
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-09-66332-3
- Páxinas:
- 360
- Encadernación:
- Rústica
CATÁLOGO DAS ALVARIZAS DA TERRA DE DEZA E A SERRA DO CANDÁN
PORTO RICO, DAMIÁN / AZURMENDI IGLESIAS, FRANCISCO
Ainda que a demanda constante de cera impulsada pola práctica relixiosa cristiá e a produción, ao mesmo tempo, do único edulcorante accesible antes das importacións masivas de azucre fixeron que a apicultura estivesa moi presente na economía rural, o valo económico, social e cultural acadado polas abellas des -cando menos- a Idade Medi non foi debidamente considerado até hoxe. E iso maila non se tratar dunha actividade que afecte unicamente ao contorno ou ao medio ambiente no que se desenvolve, senón que ao seu arredor orbita múltiples elementos que van desde os que posibilitan a extración e transformación dos seus productos até as solucións técnicas e legais ou os resultados sociais e culturais dos que as alvarizas son un exemplo.
A apicultura proporciona unha lente a través da que considerar a intervención humana no medio, amosando omo desde a Idade Media a paisaxe foi xestionada, regulada e antropizada, orixinando unha serie de construcións merededoras de estudio e conservación en tanto que son representativas da denominada cultura popular do noso país: porque un patrimonio que non se coñece tampouco se aprecia, nin se valora nin se restaura. E non hai pobo con futuro sen memoria