- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-18567-82-7
- Páxinas:
- 142
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
E TI, POR QUE QUERES FALAR DISO?
LEIRÓS, PAZ
Quen foron os que apoiaron o golpe de Estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron? Este libro é un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tiempo difícil e incómodo dun xeito extraordinariamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida.
Un colaxe de voces, situacións, viñetas e fragmentos xorden arredor dunha familia, os Cifuentes, e dunha cidade, Compostela. Historias narradas a través dunha estrutura coral, dun fluír entrecortado de alocucións e silencios...
É a Historia oficial e sobre todo oculta. A memoria, os feitos. A palabra contra o esquecemento.