- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2013
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-92608-65-2
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Libros para soñar
EL SUEÑO DE MATÍAS
LIONNI, LEO
Os ratos eran moi pobres, mais tiñan postas todas as súas esperanzas en Matías. Medraría e quizais chegase a ser médico. Daquela, poderían tomar queixo parmesano no almorzo, no xantar e na cea. Pero cando lle preguntaban a Matías que era o que quería ser, el respondía:
Non sei... Quero ver mundo.
A arte, como escaparate de coñecemento e de cultura do mundo enteiro; como expresión de creatividade e de liberdade; como camiño para transformar a realidade. A primeira visita a un museo cambiaralle a vida a Matías e serviralle para enfocar as súas aspiracións: de vivir nun humilde faiado a viaxar
e a expoñer as súas propias obras en salas de prestixio internacional.
Leo Lionni achéganos a algúns estilos, dende o clasicismo dos retratos históricos e dos bodegóns, ata vangardas pictóricas como o impresionismo, o cubismo ou o surrealismo. O soño de Matías é un álbum para iniciar o público infantil na educación estética e na interpretación das formas e das cores. A través dunha historia cercana e chea de fantasía, e cunhas ilustracións descritivas dunha enorme riqueza cromática feitas coa técnica do collage, o autor comparte cos lectores as súas dúas grandes paixóns: a arte e a música, que marcaron a súa nenez e que o converteron nun dos principais referentes da literatura infantil actual.