- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-19213-59-4
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ELAS
GUTIERREZ, XULIO
Non todas as especies viven en patriarcados. Neste libro descubrirás a relación que manteñen as femias dalgunhas especies con outros membros do grupo e como, en moitos casos, chegan a liderar a manda.
Como unha femia moi nova chega a ser líder dunha manda de bisontes europeos? Como aprende a cazar focas unha candorca grazas á súa avoa? Como se sacrifica unha nai polbo para garantir a vida dos seus fillos? Cando perde o lugar de líder unha femia de suricata e como debe reorganizar a súa vida a partir dese momento? Por que as femias bonobo deben abandonar a súa familia cando son adultas?
Este libro relata algúns dos momentos máis relevantes na vida das femias de dezaseis especies do mundo animal.
Os debuxos de Lucía Cobo compaxinan o rigor e a precisión do debuxo científico coas metáforas, a delicadeza e a poética da ilustración.