- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-122541-5-0
- Páxinas:
- 188
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NUME
ELES E OS OUTROS
FERNÁNDEZ ANS, PABLO
Unha nova infección vírica espállase pandemicamente polo mundo , cruza os océanos e os vales , mentres que nalgunha cidade anónima , que ben podería ser calquera , dous descoñecidos fican confinados nunha mesma vivenda por mor do virus . Unha pausa nas súas vidas fainos cohabitar nunha realidade de ficción da que non poderán fuxir , inmersos no desasosego duns días que , repetitivos , serán riscados sen volta atrás no calendario , co vagar pesado das xornadas de encerro e medo . O macrorrelato global vivido por millóns de persoas entretécese neste formidable libro coa historia de dous individuos obrigados a unha convivencia forzada , ao longo da cal agromará un baile de emocións , no que a alegría , a desidia , o traballo , a preocupación polo futuro e tamén as angurias e as historias propias de cada pasado persoal se entretecerán inexorablemente .