0
EROSKI PARAÍSO

EROSKI PARAÍSO

CHÉVERE

13,00 €
IVE incluído
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1343-385-1
Páxinas:
88
Encadernación:
Rústica
Colección:
Biblioteca de teatro
13,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Comedia documental que, a partir de historias reais, explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade ao longo dos últimos 40 anos.

Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres a vida lle pasaba por diante a toda présa.
Unha maneira coma calquera outra para retratar
o desarraigamento que arrastrou a unha parte da nosa
sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala,dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria”.
[Fragmento do limiar de Xesús Ron: “O estado de benestar desde o lado da sombra”]

“Eroski Paraíso” é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros de 1972 a 1990 e que despois converteuse nun supermercado Eroski. Este feito repítese en numerosas vilas e cidades onde os cines, as salas de festa e outros espazos de socialización foron virando en lugares de consumo.

Dirixida por Xesús Ron, a obra adapta a linguaxe cinematográfica e os recursos do documental para artellar unha peza teatral na que os personaxes chegan a resultar máis reais que os propios intérpretes. Os protagonistas son unha parella que se coñeceu n’ O Paraíso, e a súa filla, nacida ao ano seguinte
do peche da sala. Vinte e cinco anos despois a moza estuda cine en Barcelona e volve á vila para facer unha película sobre os seus pais.

Premio María Casares 2017 á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor actriz protagonista e mellor canción orixinal, “Eroski Paraíso” estreouse no Teatro Principal de Donostia e na antiga fábrica de conservas Sel de Muros en marzo de 2016. Durante dous anos representouse por toda Galicia, en Matadero - Madrid e máis dunha vintena de cidades, superando o centenar de funcións.

Coa colección Biblioteca de Teatro, KALANDRAKA contribúe á celebración dos 30 anos de Chévere publicando as súas obras completas para que os espectadores sigan gozando do seu talento cando cae o pano. A iniciativa busca documentar ese teatro “feito a pé de escenario”, como precisa a compañía, da que é posible ir descubrindo “como transforma o texto cun imaxinario propio e intransferible” forxando un estilo xenuíno que se caracteriza polo “ton irreverente e canalla” das súas producións

Artículos relacionados

  • LA AÑORANZA
    LA AÑORANZA
    HERNÁNDEZ, SERGIO
    Cuando el amor, la guerra y el tiempo nos obligan a olvidarNada hace imaginar a Julia Ferré que, en la primavera de 1959, la misma en que cumple dieciocho años, conocerá a Bastian Ballard, un traductor francés afincado en el Barrio Gótico de Barcelona que la salva de la persecución de la Guardia Civil en una manifestación contra el régimen.A través de Bastian, que pronto se con...

    23,90 €

  • LA HORA ANTES DEL ALBA
    LA HORA ANTES DEL ALBA
    ALLENDE, ISABEL
    LA VERDAD ES DE QUIEN SE ATREVE A VIVIRLAUna historia que habita en las palabras, perdura en el recuerdo y anida en el corazón. Mágica, luminosa, así es La hora antes del alba, la nueva novela de Isabel Allende.En un país oscurecido por la dictadura, Alba queda sola después de la muerte de su abuelo esperando a su primer amor sin saber si ha sobrevivido y si volverá por ella.En...

    23,90 €

  • MURCIÉLAGOS DE LA REPÚBLICA
    MURCIÉLAGOS DE LA REPÚBLICA
    DODSON, ZACHARY THOMAS
    UNA CARTA SELLADA. UN AMOR QUE ENTRELAZA PASADO Y FUTURO. UNA EXPERIENCIA DE LECTURA ÚNICA.«Una gloriosa demostración de todo lo que el papel tradicional todavía puede hacer en manos de un genio creativo. Es una locura hermosa y maravillosa.» The Washington Post«Murciélagos de la República es un maravilloso relato de cartas perdidas y halladas, en la línea de J. J. Abrams y Dou...

    34,90 €

  • MI PRIMERA BIBLIA
    MI PRIMERA BIBLIA
    DOHERTY, GILLIAN
    Este gran libro, cuidadosamente encuadernado con un acabado muy atractivo, constituye una excelente introducción a las historias más conocidas de la Biblia. Los niños descubrirán 40 relatos del Antiguo y del Nuevo Testamento, adaptados en un lenguaje claro y accesible, acompañados de magníficas ilustraciones que cautivarán su imaginación. Un libro ideal para leer en voz alta y ...

    16,95 €

  • EL CASCANUECES
    EL CASCANUECES
    PATSCHKE, STEVE / GOLDHAWK, ZANNA
    EL CASCANUECES COMO NUNCA ANTES LO HABÍAS VISTOLo que podría parecer a simple vista un libro normal se convierte, solo con abrirlo, en un mundo mágico lleno de aventuras, lealtad y sorpresa.Zanna Goldhawk aporta un toque mágico a esta edición pop-up del clásico cuento de E. T. A. Hoffmann, reescrito por Steve Patschke.CON SEIS INCREÍBLES POP-UPS ...

    14,90 €

  • LAS CINCO METAS QUE DAN SENTIDO A TU VIDA
    LAS CINCO METAS QUE DAN SENTIDO A TU VIDA
    STRELECKY, JOHN P.
    EL LIBRO QUE CAMIBIARÁ TU VIDAEL FENÓMENO INTERNACIONAL que ha animado a millones de lectores a replantearse su vida y sus prioridadesEl propósito de la vida es vivir una vida con propósito.¿TU VIDA REFLEJA LO QUE REALMENTE QUIERES VIVIR? SI TU VIDA FUERA UN MUSEO, ¿QUÉ VERÍAN LOS DEMÁS?Este libro te inspirará. Cambiará tu vida de forma que aho­ra no puedes imaginar, pero que c...

    16,90 €

Outros libros do autor

  • AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN
    AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN
    CHÉVERE
    Unha homenaxe teatral ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025.As Fillas Bravas son tres mulleres maiores que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que b...

    13,00 €

  • CHÉVERE 1987-2022 TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL. ISTO NON PODE SER O
    CHÉVERE 1987-2022 TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL. ISTO NON PODE SER O
    CHEVERE
    Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anosde estrañas circunstancias, traballando arreoe reencontrándose co público para ofrecerlle de novoalgunhas das súas creacións máis senlleiras.Como parte desta celebración sae do prelo un volumeno que os lectores e lectoras, poderán afondarna historia da compañía dende os comezos,na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos...

    39,00 €

  • CITIZEN
    CITIZEN
    CHEVERE
    Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario?Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historiaxunto á que medramos e que acadara unha dimensión global.Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmacióndo fracaso colectivo como país…[Fragmento do limiar de Xesús Ron: “A extrema sinxeleza do teatro”]“Citizen” é teatro de texto, teatro docu...

    15,00 €

  • RÍO BRAVO
    RÍO BRAVO
    CHEVERE
    Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase ?Río Bravo?, onde os homes son homes e as mulleres tamén.Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia par...

    12,00 €

  • ANNUS HORRÍBILIS
    ANNUS HORRÍBILIS
    CHEVERE
    ?Annus Horríbilis?, que se estreou en 1994, é unha pequena ópera portátil integramente cantada en galego. Unha picadora escénica que esmiúza os estereotipos do xénero lírico e reinventaunha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable.As tribulacións da familia real británica son trasladadas a Galicia para escenificar intrigas cortesás, romances ilexítimos e loitas entre...

    13,00 €