- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-17802-35-6
- Páxinas:
- 447
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
GALICIA NO TEMPO DE AFONSO X
AUTORES VARIOS
Cal foi, en realidade, a relación de Afonso X con Galicia e co galego? Neste volume preténdese dar unha resposta actual, poliédrica e afastada dos tópicos que máis recorrentemente condicionaron o estudo dun tema tan relevante. Malia a evidente predilección de Afonso X polos territorios do sur, sinaladamente Sevilla, este libro evidencia que Galicia seguiu a ser un dos reinos máis importantes para a Coroa, mesmo no plano financeiro. Ou que o cultivo literario da lingua galega foi en moitas ocasións, á marxe das claves afectivas ou persoais que contribúan a explicar o seu emprego, un recurso político habilmente empregado polo Sabio para promover os seus intereses e atacar os seus adversarios. Sen esquecer a importancia que os portos galegos tiveron na política afonsina ou as súas accións urbanizadoras no noso territorio.
Xa que logo, cómpre repensar o tópico da marxinalidade de Galicia nos tempos de Afonso o Sabio.