- Editorial:
- FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-614-4740-4
- Páxinas:
- 92
- Encadernación:
- Rústica
GALIZA
MANUEL MARÍA
Trátase dunha síntese da historia e da xeografía da Galiza, con referencias á literatura, arte, tradicións... realizada por unha das persoas que mellor coñecía o país, tanto física como espiritualmente. Aínda que a obra é unha descripción do propio País, o seu autor acude á ficción do diálogo entre rapaces e rapazas, que neste caso tracexan desde a distancia da Galiza emigrante unha imaxe entre real e bucólica do país soñado. Por tanto o libro ten tamén unha decidida vocación didáctica, e vai dirixido tanto a un público xeral interesado en coñecer de forma concisa e amena algúns dos aspectos máis destacados do pasado e do presente do seu país, como tamén, e de modo especial, a un público xuvenil, pois novas son tamén as personaxes que o protagonizan e nova e refrescante lles vai resultar en moitos casos a visión que aquí acharen do seu propio país, dispoñendo tamén o profesorado dunha ferramenta atractiva e útil.