
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-917-5
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Demademora
GANAPÁN DAS PALABRAS
PEPE CÁCCAMO
Era un neno que tiña cen palabras envoltas en papel de celofán.
Unha tarde de inverno perdeu cinco:
PEDRA, CAMA, LARANXA, LÚA, PAN.
Como as cinco palabras ían cansas, caéronlle da man...
Este Ganapán das palabras é unha edición especial
publicada co gallo do 18º aniversario de KALANDRAKA,
para o que se recuperaron e renovaron os orixinais do libro, que data de 1998, ano de fundación da editorial.
Pepe Cáccamo ofrécenos unha divertida historia rimada sobre cinco palabras aventureiras que caen nun espello e vólvense do revés.
O autor xoga de forma suxerente coas palabras xa dende o propio título, que é un anagrama en A: Ganapán das palabras.
Através da poesía e interpelando os lectores, o autor favorece que os nenos e as nenas xoguen coa rima, cos versos e cos inversos. Aínda que se trata dun álbum recomendado para primeiros lectores, desta obra poética pódese gozar a calquera idade. As ilustracións de María Xosé Fernández, de estilo ecléctico e vangardista, destacan polo seu carácter expresionista, os contrastes cromáticos e os xogos entre as formas e as letras.