0
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORANEO, 1 BACHARELATO

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORANEO, 1 BACHARELATO

PROXECTOS SIGNIFICATIVOS PARA A CONSTRUCIÓN NA LONGA DURACIÓN

ALFEIRÁN, XOSÉ / ROMERO MASIÁ, ANA

49,00 €
IVE incluído
Editorial:
BAIA EDICIONS
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9995-401-1
Páxinas:
64
Encadernación:
Rústica
Colección:
< Xenérica >
49,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.

Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.

Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar. Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto.

O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Artículos relacionados

  • SUSEIA
    SUSEIA
    NARLA, FRANCISCO
    Ano 1168: O futuro de Santiago de Compostela como unha das capitais da Cristiandade está en cuestión. O Mestre Mateo recibe a encarga de rematar unha basílica digna de acoller o panteón dos reis de Galicia. A maceta do canteiro converterá a pedra na representación da marabilla da palabra de Deus, pero non hai creador que non sufra as consecuencias da obsesión pola súa obra. Fra...

    23,90 €

  • LA MAGIA DE LOS GATOS
    LA MAGIA DE LOS GATOS
    PERCY, ALLAN
    El gato tiene el privilegio de ser el único animal que, sin renunciar a su instinto salvaje, ha sabido domesticar al ser humano y hacer de él su sirviente.Divinizado por los egipcios y temido por los pueblos del medioevo, su poder ha generado múltiples creencias y leyendas: desde las siete vidas del gato hasta su capacidad para transmitir los encantamientos de las brujas, pasan...

    17,95 €

  • APRENDO A DECIR LA HORA
    APRENDO A DECIR LA HORA
    GREENWELL, JESSICA
    ¡Acompaña a un grupo de simpáticos monstruos y aprende a leer la hora de forma divertida! El concepto del tiempo se presenta de manera clara y divertida, con conceptos fáciles de entender y actividades entretenidas. Sus resistentes páginas plastificadas y eol rotulador de tinta borrable permiten practicar una y otra vez todo lo aprendido. ...

    6,50 €

  • CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    CAMBIAR EL AGUA DE LAS FLORES
    PERRIN, VALÉRIE
    DE LA AUTORA DEL ÉXITO DE VENTAS INTERNACIONAL TATÁUNA NOVELA CELEBRADA Y LEÍDA EN TODO EL MUNDO«Leer esta novela es como flotar en plena felicidad.» Elle UNA MUJER INOLVIDABLE QUE APRENDE A RECONSTRUIRSEA TRAVÉS DE LAS COSAS SIMPLES. Violette Toussaint es la guarda del cementerio de un pequeño pueblo de Borgoña. Visitantes ocasionales y habituales acuden a la casa de esta muje...

    20,00 €

  • LA DIVINA GEOMETRÍA
    LA DIVINA GEOMETRÍA
    BUHIGAS TALLÓN, JAIME
    ¿Qué tienen en común músicos, matemáticos, arquitectos, pintores, diseñadores, ingenieros, biólogos, filólogos, geólogos, sacerdotes y místicos? Que todos - lo sepan o no - son geómetras. En un mundo como el actual, en el que el saber está dividido y especializado en exceso, la capacidad integradora de la geometría es el mejor camino para llegar a un conocimiento universal, úni...

    20,90 €

  • ESCRIBO LAS LETRAS
    ESCRIBO LAS LETRAS
    GREENWELL, JESSICA
    Este divertido libro es la forma ideal de acompañar a los más pequeños en sus primeros pasos hacia la lectura y la escritura. A través de escenas llenas de color y encanto, los niños seguirán las líneas punteadas para completar las letras y ganar confianza mientras aprenden jugando. Además, cada página se limpia fácilmente, para que puedan practicar con el rotulador especial un...

    6,50 €

Outros libros do autor

  • HISTORIA DE ESPAÑA, 2º BACH.
    HISTORIA DE ESPAÑA, 2º BACH.
    ALFEIRÁN, XOSÉ / ROMERO MASIÁ, ANA
    Os actuais estudos de bacharelato están rexidos pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, xuntamente co Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.Neste contexto, o segundo curso de bacharelato ten unha connotaci...

    49,00 €

  • HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
    HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
    ALFEIRÁN, XOSÉ / ROMERO MASIÁ, ANA
    O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo...

    33,00 €