- Editorial:
 - A CENTRAL FOLQUE. CENTRO GALEGO DE MÚSICA POPULAR
 - Ano de edición:
 - 2024
 - ISBN:
 - 978-84-122867-9-3
 - Páxinas:
 - 160
 - Encadernación:
 - Cartoné
 - Colección:
 - Chave Mestra
 
JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
ALBORADA EN VILAQUINTE
NORBERTO PABLO CIRIO
¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).
Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . Fuxido pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, recrutado forzoso ás ordes de fascistas e nazis, emigrante na Arxentina en 1949 coa súa compañeira, Dorinda, e coa súa primoxénita,Amelia.
Durante os 58 anos e medio nos que viviu alí, fixo da arte da gaita un modo de existencia que lle permitiu sortear certas desgrazas e seguir conectado con todo o que amaba, até o punto en palabras do seu biógrafo, o musicólogo arxentino Norberto Pablo Cirio de transmutar a súa corporeidade ao instrumento. Inclúese un CD cunha selección de gravacións de extraordinario valor musical e histórico, que inclúe as interpretacións que José Ramón enviou por medio de cartas sonoras a familiares e amigos a través do océano durante medio século.