
- Editorial:
- BANG EDICIONES
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1371-524-7
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
KURURO E BRAZALETE MESTRE
SUPERNINJA KURURO, 1
TORRES, MARKO
Unha aventura chea de acción, cunha mestura de ninja, videoxogo e, sobre todo, moito humor.
Para converterse en ninja fai falla concentración, coraxe e decencia.
Eu non teño nada diso. Pero son o mellor!
Conta a lenda que, máis alá dos pantanos da perdición, cruzando os volcáns do inferno, dobrando á esquerda do posto de churros, atopábase o templo Macha-kón, un lugar sinistro e rudo onde adestraban os ninjas máis letais de todo o planeta. O seu sensei, o Gran Xefe Puñazos, tiña sona de ser indestrutible e eterno, e o seu aspecto era un misterio. Esta é a historia dun dos seus alumnos menos avantaxados: o Ninja KURURO, un amante dos videoxogos, das sestas e da insurrección; un neglixente sen habilidades nin disciplina, un cero á esquerda que porén pasará á historia. (Este son eu, ehem, ehem. Lean e descubran por que son tan grandioso!).