0
LOBOFEROZ

LOBOFEROZ

PATACRÚA

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2018
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-589-7
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…

Moitos daqueles relatos de animais que aparecían nas primeiras compilacións de contos rusos remóntanse á época en que o home cazaba para subsistir. Mentres os homes cazaban, as mulleres contaban historias sobre animais, nas que se gababan as súas habilidades e astucia na loita pola supervivencia.
Estas narracións acerca da maña dos animais foron transmitidas durante séculos con inesgotable optimismo, e utilizadas como un instrumento para a educación estética e moral. Pese á ambivalencia de Loboferoz e dalgunhas pasaxes do relato enxergamos o pouso cultural latente na historia, nalgúns detalles.

Por exemplo, Rusia é un país de bosques, onde sempre hai un río preto, e o costume de que os convidados se bañen, como apunta o porco cara ao desenlace da historia, compréndese perfectamente se pensamos nas grandes distancias entre un lugar e outro e mais na dura climatoloxía. Cun argumento moi claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e unha linguaxe áxil e sinxela, Loboferoz dá ás á fantasía. Para alén diso, os personaxes (cabra, vaca, porco, burro, ovella) brillan sobre todo nas escenas humorísticas onde, con enxeño e sentido común, os animais domésticos que representan a inocencia acaban burlando o ruín e vil lobo.

Un universo fabuloso onde a astucia triunfa sobre a brutalidade, e o dereito á vida e mais a harmonía coa natureza acaban por se impor á maldade. Por medio dunha colaxe moi sintética, que economiza os recursos cromáticos, o ilustrador Chené Gómez destaca os elementos esenciais da historia, e consegue un ambiente minimalista moi efectivo, ao paso que, cos recursos precisos imprime carácter e forza aos personaxes e ao universo en que se desenvolve o relato.

Artículos relacionados

  • NINA E TITA
    NINA E TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Unha proposta orixinal e chea de humor que rompe os estereotipos sobre as avoas.Nina e Tita son dúas avoas moi distintas ás que aparecen nos contos. Non camiñan con bastón nin quedan na casa tecendo: unha sempre anda ás présas; fai dieta e vai á piscina; a outra móvese en bicicleta; cociña á grella e practica ioga. «Será entón que os libros están errados?»; pregúntase a protago...

    14,50 €

  • ROSALÍATE
    ROSALÍATE
    MARTÍNEZ RECAMÁN, UXÍA
    Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. Rosalíate! ...

    15,50 €

  • EL LADRÓN DE VARITAS
    EL LADRÓN DE VARITAS
    MAÑAS, PEDRO / SIERRA LISTÓN, DAVID
    Anna Kadabra está esperando una visita muy especial. Se trata de su abuela Ágata, que la ha cuidado desde que era un bebé. Por desgracia, las reglas de su club le prohíben compartir con ella el secreto de su magia. Claro que, al quedarse solas, descubre que también la anciana esconde sus propios secretos…¡y un problema enorme! *** Descubre el mundo de Anna Kadabra y su mágico C...

    11,95 €

  • SUBE, SUBE Y SUBE
    SUBE, SUBE Y SUBE
    JADOUL, ÉMILE
    Una historia que une a grandes y pequeños; un álbum ideal para compartir a la hora de irse a dormir.¡Tap; tap; tap! Primero llega el conejito que sube; sube y sube. ¡Bam; bam; bam! Luego el pequeño cocodrilo que sube; sube y sube. ¡Bum; bum; bum! Más tarde el gran elefante; que sube; sube y sube. Luego la ratita y la rana; que quería hacerlo sin ayuda. Todos suben; suben y sube...

    16,00 €

  • SOBE, SOBE E SOBE
    SOBE, SOBE E SOBE
    JADOUL, ÉMILE
    Unha historia que une grandes e pequenos; un álbum ideal para compartir á hora de ir durmir.Tap; tap; tap! Primeiro chega o coelliño que sobe; sobe e sobe. Bam; bam; bam! Logo o pequeno crocodilo que sobe; sobe e sobe. Bum; bum; bum! Máis tarde o grande elefante; que sobe; sobe e sobe. Logo a ratiña e a ra; que quería facelo sen axuda. Todos soben; soben e soben pero… Onde irán...

    16,00 €

  • NINA Y TITA
    NINA Y TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Una propuesta original y llena de humor que rompe los estereotipos sobre las abuelas.Nina y Tita son dos abuelas muy distintas a las que aparecen en los cuentos. No caminan con bastón ni se quedan en casa tejiendo: una siempre anda deprisa; hace dieta y va a la piscina; la otra se mueve en bicicleta; cocina a la parrilla y practica yoga. «¿Será entonces que los libros están equ...

    14,50 €

Outros libros do autor

  • O GATO LAMBÓN
    O GATO LAMBÓN
    PATACRÚA
    Era unha vez unha vella que tiña un gato. O gato era moi lambón e sempre andaba a ver se pillaba algo. Un día, a vella fixo unha pota de papas para o almorzo... Os contos tradicionais que se narran por toda Europa soen ter presente a figura do gato, acaparador e lambeteiro como o desta historia, que engule canto se lle pon por diante. Na obra “A famosa invasió...

    13,00 €