- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-939554-6-5
- Páxinas:
- 83
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
LOVECRAFT, VI. FUNGOS DE YUGGOTH. POEMAS IMPÍOS
LOVECRAFT, H. P.
En Leng, onde os picos rochosos se erguen agrestes e espidos baixo estrelas frías vedadas á visión humana,
atravesa a escuridade un só feixe de luz cuxos distantes raios fan murmurar rezos aos pastores.
Contan, aínda que ninguén estivo alí, que vén
dun faro sobre unha torre de pedra, onde o último dos Anciáns vive en soidade, falando co Caos co bater de tambores.
A Cousa, murmuran, leva unha máscara de seda
amarela, cuxos estraños pregues semellan ocultar
un rostro que non é deste mundo, aínda que ninguén pregunta cales son eses trazos que sobresaen tras eles.
Moitos, na primeira infancia da humanidade,
dirixíronse a esa luz, mais o que atoparon, ninguén o saberá nunca.Poema XXVII O Faro do Ancián