- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-15699-11-8
- Páxinas:
- 201
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
LOVECRAFT, VIII. A PROCURA SOÑADA DE KADATH A DESCOÑECIDA.
LOVECRAFT, H. P.
Coa publicación de A procura soñada de Kadath a descoñecida chegamos ao oitavo volume da Biblioteca Lovecraft, colección que pretende traer o mellor da narrativa lovecraftiana á lingua galega.
H.P. Lovecraft escribiuna en 1926, mais foi publicada pola primeira vez seis anos logo do seu falecemento. Trátase do texto de maior extensión do ciclo do soño e nela atopamos un dos personaxes recorrentes do autor de Providence: o anticuario e antigo estudante da Universidade de Miskatonic Randolph Carter quen, mergullado nun mundo onírico e por veces alucinante, percorrerá escenarios dun universo alternativo como a cidade de Ulthar, o porto de Dylath-Leen ou o cumio do Ngranek, que se ergue na illa de Oriab e se verá rodeado de personaxes como os zoogs do Bosque Encantado ou os perversos shantaks.