- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1110-710-5
- Páxinas:
- 96
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Universitaria
LUME
ANÁLISE SOCIAL DOS INCENDIOS FORESTAIS
SANTIAGO GÓMEZ, ELVIRA / RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, CARMEN / RODRÍGUEZ TEIJEIRO, ARIADNA
«Lume. Análise social dos incendios forestais» é un libro de plena actualidade, que aborda o enorme problema que supoñen os incendios forestais e propón a necesidade de deseñar estratexias de xestión que superen a concepción clásica que se aplica á hora de tratalos.
Que tipo de evolución se produciu nos incendios nas últimas décadas? Cales son as características sociais, culturais e políticas propias destes lumes de quinta e sexta xeración?
Desde a análise política, as autoras achéganse á experiencia das comunidades locais cos incendios forestais, confiando na participación pública como mecanismo para incorporar e transferir o coñecemento social baseado na experiencia ao deseño das políticas públicas de loita contra o lume.
Desde a análise cultural, abordan a conflitiva relación entre o bosque e o lume en Galicia, unha relación contra natura que pon en risco a sustentabilidade das formas de vida e suxire a necesidade dunha apreciación en profundidade do contexto social onde se xera o incendio e a figura do incendiario, así como o papel que desempeñan os medios de comunicación á hora de informar a cidadanía.