
- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-19795-87-8
- Páxinas:
- 484
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Nova
MEDIO SOL AMARELO
NGOZI ADICHIE, CHIMAMANDA
Medio sol amarelo ambiéntase nun momento clave da historia contemporánea africana: o da loita de Biafra por conseguir a independencia de Nixeria, a finais da década de 1960, e a guerra civil a que deu lugar. Este conflito cambiará a vida de Olanna, que abandona a comodidade da capital nixeriana para vivir nunha cidade pequena e poeirenta con Odenigbo, profesor universitario de ideas revolucionarias, e co seu servente Ugwu. Kainene, irmá xemelga de Olanna, é unha muller máis práctica e menos idealista, pero a guerra tamén afectará a súa vida e a de Richard, o seu prometido inglés.