- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1343-433-9
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
MENSTRUACIÓN EN MARCHA
CALVO, GLORIA A. / LYNN, CAMILA / MILEO, AGOSTINA
Unha guía imprescindible para acompañar a chegada da menstruación e falar dela sen falsos mitos nin tabús.
Das autoras de Puberdade en marcha, este novo libro proponse acompañar a etapa en que chega a menstruación con información precisa e rigorosa, deixando atrás mitos e tabús, para axudar así a comprender os cambios do corpo, as emocións que poden aparecer e as distintas formas de vivir este proceso.
Que é exactamente a menstruación? Quen pode menstruar? Menstruar doe? Outros animais menstrúan? A menstruación é para sempre? Estas son só algunhas das cuestións ás que Gloria A. Calvo, Camila Lynn e Agostina Mileo dan resposta de forma clara e amena, incluíndo consellos, derrubando falsos mitos e inspirando novas preguntas.
As coloridas ilustracións de Martina Trach son un exemplo de como a arte pode utilizarse para promover a educación e a aceptación. Ao reflectirse nelas a menstruación de maneira natural e sen prexuízos, contribúen a romper tabús, a normalizar as experiencias de cada persoa e a fomentar unha ollada máis aberta, inclusiva e respectuosa cara ao propio corpo e á diversidade.