- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-616-6
- Páxinas:
- 136
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida historia dun teimoso dinosauro inextinguible.
Reincidentes pesadelos sufridos polo autor transformáronse no discurso das Outras dimensións, termo que fai referencia tanto á maior extensión dos relatos como á perspectiva onírica que os dirixe e que quere transmitir, por exemplo, a angustia provocada polo hábito da impuntualidade incontrolable que o autor non practica, aínda que a sufra en soños, pola obriga de regresar ás aulas da universidade como estudante ou ás do instituto como profesor en tempos de pletórico estado de xubilación.