0
MOITO CONTO

MOITO CONTO

PÁEZ, ENRIQUE

15,00 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2014
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-493-7
Páxinas:
32
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección Q
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Bela durminte espertou.
Un príncipe acababa de darlle un bico.
Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba.
Entón oíu unha voz dun mozo que lle murmuraba:
Queres casar comigo?
Chegara o seu príncipe!


Logo dun gran letargo, Bela esperta. Un príncipe bícaa e pídelle matrimonio! Con certo estupor, descobre que moito cambiaran as cousas nos contos: o seu príncipe, que resultou ser o Soldadiño de chumbo, axúdalle a poñerse ao día.

Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras.

Como ben apunta o autor, o escritor Enrique Páez, trátase de "un libro tesouro, un libro almacén, un libro índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos". Así, vemos como Hansel casou coa bailarina, o príncipe azul coa Sereíña, Cincenta e Carapuchiña viven en casa do leñador e teñen o lobo como mascota...

Este recurso literario reforza o dinamismo do texto que destila ironía nos seus diálogos: Soldadiño de chumbo suxire a Bela que se dea unha ducha, xa que leva moitos anos a durmir, Gato con botas pídelle asilo porque o están a perseguir os corenta ladróns...

Para render homenaxe a todos os que traballan en favor da literatura infantil e xuvenil, o autor brinda ao lector unha sorpresa no desenlace "que tende unha ponte necesaria entre a realidade e a fantasía".

Atraída polo dobre sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación; así, para ela, "a habitación da Bela é o decorado dunha escena na que os personaxes interpretan as súas historias, o libro de contos é o teatro".

O marco que aparece na primeira ilustración, inspirado en libros ilustrados antigos, sérvelle para definir os espazos narrativos: "é a porta de entrada dun espazo a outro: do interior do libro ao exterior, do espazo do texto ao da imaxe. É o fío que conduce ao desenlace da historia, á estrutura abismada do final", comenta a ilustradora.

Tintas en tons pastel, contrastados con vermellos e negros e certos toques de gravado conforman a técnica utilizada para esta creación. A composición da portada é unha particular homenaxe ao ilustrador clásico Gustave Doré. Unha obra rica en detalles, na que texto e imaxe danse a man para cativar o lector, ofrecéndolle a oportunidade de darlle renda solta á imaxinación e de exercer como "disparador da memoria", segundo subliña o seu autor.

Artículos relacionados

  • MINIBIBLIOTECA
    MINIBIBLIOTECA
    SENDAK, MAURICE
    Un pequeñ,o tesoro que conquistará, a pequeñ,os y a adultos, ,un maravilloso regalo con el humor de Maurice Sendak ,y adaptació,n de Gloria Fuertes. ,En la &ldquo,Minibilioteca&rdquo,&ldquo,Minibilioteca&rdquo,, Maurice Sendak nos ofrece una revisió,n iró,nica y desternillante de cuatro tipos de libros comú,nmente sugeridos ...

    23,00 €

  • GRANDE Y PEQUEÑA
    GRANDE Y PEQUEÑA
    SQUILLONI, ARIANNA
    Un conmovedor relato sobre la memoria y el paso del tiempo.Natalia había nacido y crecido en una casita de campo al lado de un bosque. Cuando se dio cuenta de que se le había quedado pequeña se marchó a la ciudad, donde disfrutó de una vida rica e intensa. Pero con el paso del tiempo la ciudad se fue haciendo más grande y ella más pequeña, tanto que a sus noventa años, decidió ...

    17,00 €

  • GRANDE E PEQUENA
    GRANDE E PEQUENA
    SQUILLONI, ARIANNA
    Un conmovedor relato sobre a memoria e o paso do tempo.Natalia nacera e medrara nunha casiña de campo a carón dun bosque. Cando se deu conta de que lle quedara pequena marchou á cidade, onde gozou dunha vida rica e intensa. Pero co paso do tempo a cidade foise facendo máis grande e ela máis pequena, tanto que aos seus noventa anos, decidiu que era hora de volver á casa. Alí, aí...

    17,00 €

  • INSEPARABLES
    INSEPARABLES
    LEONESCHI, FRANCESCA / IACOPO, BRUNO
    En un mundo fantástico submarino de estética victoriana, Ichi, el hijo menor de la familia real, se enfrenta a la desoladora pérdida de su padre, el príncipe consorte. Su firme deseo de rescatarlo del Abismo en el que se ha adentrado y del que ya no se puede volver, le hará reunir el valor necesario y trazar un arriesgado plan que le conducirá a un encuentro tan extraordinario ...

    25,90 €

  • PAPÁ, POR FAVOR, ACHÉGAME A LÚA
    PAPÁ, POR FAVOR, ACHÉGAME A LÚA
    CARLE, ERIC
    Un libro con lapelas e páxinas despregables para descubrir a maxia da Lúa da man de Eric Carle. Mónica soñaba con xogar coa Lúa e; por iso; pediulle ao seu pai que lla baixase do ceo. El buscou unha escada enorme e gabeou ata alcanzala; mais a Lúa resultou ser demasiado grande. Con todo; ela prometeulle que cada noite iría encolléndose máis e máis e que; cando fose pequena dabo...

    18,00 €

  • LA FUERZA DE LA GRATITUD
    LA FUERZA DE LA GRATITUD
    YAMADA , KOBI / SANTOSO, CHARLES
    ¿Cómo expresas tu gratitud? ¿Y de qué formas otros te la dan?La gratitud transforma todo lo que toca: realza lo bello, multiplica las posibilidades ante nosotros, abre corazones. Sentir y dar las gracias por lo que tenemos a nuestro alrededor es una forma de crear una energía renovadora. Es una forma de vivir, de cuidar y de ser. Como hace el osezno protagonista de este libro. ...

    17,90 €

Outros libros do autor

  • ABDEL
    ABDEL
    PÁEZ, ENRIQUE
    Abdel es un joven tuareg nómada que un buen día ve cómo su vida cambia: su padre Yasir decide emigrar a España en busca de un destino mejor; pero el viaje se ve envuelto en dificultades y la estancia en España no es tan idílica como la pinta la televisión. ¿Pueden los sueños desembocar en pesadillas? Una novela realista que aborda el espinoso tema de la inmigración ilegal. Tamb...

    9,50 €

  • DEVUÉLVEME EL ANILLO, PELO CEPILLO
    DEVUÉLVEME EL ANILLO, PELO CEPILLO
    PÁEZ, ENRIQUE
    Una historia llena de misterio e imaginación, en la que se cuentan las aventuras de Flipper y Miaja, dos personajes tan cercanos y humanos como cualquiera de los lectores. Los avances tecnológicos de ordenadores y medios audiovisuales son el hilo conductor de toda la intriga, que comienza en el primer capítulo y no cede hasta las últimas páginas. Con esta novela, Enrique Páez s...

    10,95 €

  • ABDEL
    ABDEL
    PÁEZ, ENRIQUE
    Este libro está adaptado al sistema de Lectura Fácil: un modo de hacer la lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaje. Abdel es un joven que vive en el desierto. Su vida cambia el día en que su padre y él deciden emigrar a España. Al otro lado del mar les espera la promesa de una vida mejor, pero nada será tan fácil como ellos imaginan.  ...

    9,50 €

  • DEVUÉLVEME EL ANILLO, PELO CEPILLO
    DEVUÉLVEME EL ANILLO, PELO CEPILLO
    PÁEZ, ENRIQUE

    8,00 €

  • ESCRIBIR. MANUAL DE TECNICAS NARRATIVAS
    ESCRIBIR. MANUAL DE TECNICAS NARRATIVAS
    PÁEZ, ENRIQUE
    Un completo manual de técnicas narrativas para el cuento y la novela, con 130 sugerencias y ejercicios prácticos para mejorar la construcción y el estilo de las historias. ...

    29,41 €