- Editorial:
- AIRA EDITORIAL
- Ano de edición:
- 2026
- Materia
- Consellos
- ISBN:
- 979-13-992757-1-1
- Páxinas:
- 104
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
O CAMIÑO DA GEIRA E DOS ARRIEIROS
R. PENÍN, EVA
O Camiño da Geira e dos Arrieiros e un Itinerario Cultural de Interese Autonómico que une as cidades de Braga e Santiago de Compostela desde hai centos de anos. Moitos son os motivos polos que botarse a camiñar nestas paraxes, mais calquera razón é boa para descubrir un territorio acugulado de beleza natural, legado histórico e patrimonio inmaterial. Paisaxes inesquecibles, a pegada da ancestral cultura galaica construída polas mans anónimas do pobo ao longo dos séculos. Unha experiencia moi difícil de esquecer.
Eva R. Penín, creadora da popular plataforma De cabo a rabo, e gran coñecedora deste camiño, ofrece nestas páxinas unha guía práctica, actualizada e chea de imaxes para facer boca antes de amalloar as botas.