0
O CASCABEL DA GATA

O CASCABEL DA GATA

ALBO, PABLO

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2013
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-447-0
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Unha mañá,
a gata Benita espertou sobresaltada
ao oír que a señora Xulia chamaba por ela:

—Benita…!
Beeniitaa…!
Beeeniiitaaa…!
Onde estás,
que non escoito o teu cascabel?

Ao escoitar os gritos da señora Xulia, Benita erguese; pero, ao empezar a camiñar, descobre que non soa o clinclín e, consecuentemente, cae na conta de que perdeu o cascabel.

Así comeza esta divertida historia de Pablo Albo, quen nos fai partícipes da procura apresurada do cascabel por parte desta gata pillabana e tenra, que teme quedarse sen sardiñas por mor deste extravío.

Benita volve sobre os seus pasos e o percorrido permite coñecer a outros habitantes da casa supostamente inanimados (o sofá, a escoba, a mesa), pero que neste conto falan e vaia se o fan!, xa que ofrecen información crave para chegar ata o obxecto perdido.

Os diálogos da gata con estes utensilios son moi graciosos, porque desprenden inocencia e tamén certa empatía co lector, ao abordar situacións comúns: Que outra cousa se pode atopar nun sofá máis que algunha moeda ou unhas migas de pan?

Igual de divertido é o xeito en que esta astuta felina recupera o cascabel mergullado na peixeira.

A protagonista desta historia transmite unha mestura de inxenuidade e picaresca tan propia da infancia, con ese compoñente entre trasno e doce, que lle confire moito encanto ao álbum, e sobre todo humor.

Estas características do conto están claramente reforzadas polas ilustracións de Guridi, quen considera que o seu traballo consistiu simplemente en cinguirse a “definir o que conta o texto”.

Con todo, o seu labor vai máis aló, xa que o artista acentúa o sentido xovial do conto coa incorporación de personaxes que non aparecen no texto: unha parella de moscas, un rato, varias formigas e un morcego.

Paralelamente ao texto, que ofrece ao lector o periplo da gata Benita, as ilustracións permiten unha segunda lectura —xa desde gárdalas do álbum— con situacións hilarantes, protagonizadas maiormente por dúas moscas irreverentes e cachafellas.

Neto Guridi explica que, desde o principio, o personaxe de Benita “lle trouxo de cabeza”, xa que cando realizaba os bosquexos, sempre lle saía un gato, e non unha gata. Ademais, non quería caer en “artificios”, tales como pestanas ou vestidos para definir o seu xénero.

“Imaxinaba unha Benita revoltosa, pero non mala, así que ao final saíu unha gata negra cun aspecto un pouco deixado, pero con tenrura na mirada”, describe o ilustrador, quen apostou por darlle un aspecto “rudo” á dona e crear uns peixes “moi simplificados e coa expresión centrada nos seus ollos”.

En canto á técnica, traballou con lapis, gouache e retoques en ordenador, deixando “como sen terminar" os fondos: limpos e brancos, que resaltasen as expresións dos personaxes.

Artículos relacionados

  • LA BANDA QUE NADIE CONOCE
    LA BANDA QUE NADIE CONOCE
    BUDDE, NADIA
    Un álbum divertido y gamberro ideal para compartir con prelectores y primeros lectores.¿Quiénes son los extraños personajes que llegan en la furgoneta? El primero tiene mirada de búho, el segundo peluca de lana, el tercero gorro de gala y la cuarta una voz sorprendente. Ante la mirada atónita de los lugareños, despliegan sus misteriosos artefactos y comienzan a tocar. Sonidos e...

    16,00 €

  • A MIÑA MASCOTA E MAIS EU
    A MIÑA MASCOTA E MAIS EU
    HERNÁNDEZ SEVILLANO, DAVID
    Unha entrañable historia de amizade entre un can e un neno vista dende outra perspectiva.Ter unha mascota é unha experiencia enriquecedora, pero coidar dela non é unha tarefa doada. Fan falla altas doses de cariño e empatía, aínda que tamén de moita paciencia. Este álbum, escrito por David Hernández Sevillano, narra con humor e ironía a relación de amizade entre Coco e a súa “m...

    14,00 €

  • LA ESPERA
    LA ESPERA
    BINARD, ARTHUR
    Un homenaje a las víctimas del bombardeo atómico de Hiroshima, en la conmemoración de su 80.o aniversario. Una profunda reflexión sobre la tragedia para que la historia no se repita.En febrero de 2011 el poeta Arthur Binard y el fotógrafo Tadashi Okakura visitaron el Museo Conmemorativo de la Paz en Hiroshima para retratar algunos de los más de 200 objetos que alberga este espa...

    16,00 €

  • A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE
    A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE
    BUDDE, NADIA
    Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estrid...

    16,00 €

  • MI MASCOTA Y YO
    MI MASCOTA Y YO
    HERNÁNDEZ SEVILLANO, DAVID
    Una entrañable historia de amistad entre un perro y un niño vista desde otra perspectiva. Tener una mascota es una experiencia enriquecedora, pero cuidar de ella no es tarea fácil. Hacen falta altas dosis de cariño y empatía, aunque también de mucha paciencia. Este álbum, escrito por David Hernández Sevillano, narra con humor e ironía la relación de amistad entre Coco y su “mas...

    14,00 €

  • EL PALACIO DE CRISTAL
    EL PALACIO DE CRISTAL
    DRUVERT, HÉLÈNE
    UNA ODA A LA INFANCIA Y A LA NATURALEZAHaize, una niña solitaria a la que le gusta deambular por la ciudad gris, descubre un invernadero abandonado al que vuelve todos los días a cuidar de esta jungla inesperada. Una tarde, un niño llamado Kimu aparece en su oasis improvisado para protegerse de la lluvia. Ambos niños plantarán, regarán, podarán y desherbará...

    24,90 €

Outros libros do autor

  • O PAPON
    O PAPON
    ALBO, PABLO
    A avoa decide prepararlles ás súas tres netasunha sorpresa na bodega: pan con mel(esquecera que ese era precisamente o xantarpreferido do Papón). As netas, unha porunha, baixan polas escadas escuras, frías emisteriosas; empurran a porta e?O Papón é un dos comenenos máis popularesen toda a xeografía do Estado español, e poreste motivo presenta características diferentessegundo a...

    15,90 €

  • A MERENDA DO PARQUE
    A MERENDA DO PARQUE
    ALBO, PABLO
    Sabías que os parques tamén merendan?Acompaña a Alberte nesta divertida aventura e descubre a marabillosa fauna que vive con nós, onde menos o esperas… ...

    15,00 €

  • LA EXTRAÑA ORQUESTA
    LA EXTRAÑA ORQUESTA
    ALBO, PABLO
    Una de las cosas que me da más miedo es que mi abuelo cante. Dice que lo hace para que salga el sol, pero el sol sale porque está bastante lejos como para no oírlo. Y es que mi abuelo es una de las personas que peor canta de este mundo. ...

    9,95 €

  • VIENTO ENFURECIDO
    VIENTO ENFURECIDO
    ALBO, PABLO
    El viento estaba muy pesado aquel día y nuestro niño protagonista le respondió con una ventosidad. Así empezó la guerra. El vendaval, desatado de ira, atacó las persianas de las ventanas, deslizó aullidos por las rendijas, lanzó piedras contra los cristales, coló ráfagas heladoras por las grietas. A punto estuvo de convertir al niño en una ráfaga errante.El tándem Pablo Albo / ...

    9,95 €

  • RUIDO
    RUIDO
    ALBO, PABLO
    Todo el lío comenzó la mañana en que Patricia, sin saber por qué, escuchaba la radio muy bajito... así que decidió subir el volumen y así tomarse su café con leche al ritmo de la música... sin medir las consecuencias que tendría en un pueblo tan tranquilo aquel ruido tan alto... ...

    15,00 €

  • O ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA
    O ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA
    ALBO, PABLO

    16,00 €