
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-8487-497-3
- Páxinas:
- 208
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- Laiovento
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
ANÁLISE DAS POLÍTICAS EUROPEAS PARA INNOVACIÓN REXIONAL DURANTE A GRAN RECESIÓN
SANDE VEIGA, DIEGO
A innovación é un fenómeno necesario para que as sociedades prosperen, mais non está exento de controversia. De feito, para o pensamento crecentista, a innovación é necesaria fundamentalmente como motor para acadar o crecemento económico. Nun contexto institucional dominado pola ideoloxía neoliberal, que se vén manifestando -entre outras maneiras- a través das coñecidas como políticas de austeridade e dos recortes orzamentarios no sector público, os territorios menos desenvolvidos tecnoloxicamente e con tecidos industriais máis febles precisan da firme intervención pública para fomentar a innovación empresarial. Nesta obra abórdase o problema da planificación e execución orzamentaria das políticas para fomentar a innovación en Galicia, ofrecendo unha interpretación desde unha perspectiva sistémica e posibles alternativas cara o futuro. Ao longo da obra e da rigorosa análise dos datos, que esixiu unha apaixonante combinación entre esforzo descritivo e claridade comunicativa, agromarán problemas para o desenvolvemento tecnolóxico e innovador galego como a dependencia económica e o centralismo.