- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-1176-620-3
- Páxinas:
- 238
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Memoria
O INSPECTOR DE EDUCACIÓN MANUEL DÍAZ ROZAS 1894-1984
COSTA RICO, ANTÓN
O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República.
Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impulsos de reforma política da educación en Galicia.
Castigado primeiro e apartado despois da docencia ata 1964, viu frustrados os horizontes acariñados e sobre el caeu unha lousa de silencio; a perda da memoria social fixo o resto.