- Editorial:
- EDICIONS MORGANTE
- Ano de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-15166-69-6
- Páxinas:
- 476
- Encadernación:
- Rústica
O LEGADO DOS HOMES PEQUENOS
GRAVADOS RUPESTRES DE CERDEDO
COLECTIVO CAPITÁN GOSENDE
O libro O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo é un periplo pioneiro, vagaroso e diletante pola arte prehistórica labrada nos pedregais deste antigo concello da Terra de Montes. Unha viaxe no tempo, un percurso apaixonante e apaixonado polas 41 estacións petroglíficas cerdedenses e, asemade, polas 39 insculturas descubertas polo colectivo Capitán Gosende naquel territorio durante os últimos anos. 20.000 km de aventura ateigados de entusiasmo e exentos de patrocinio. Quen busca atopa.