- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-854-9
- Páxinas:
- 156
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
O LIBRO DA ROSA
AGRA, AGUSTÍN / VICENTE ARAGUAS / CANOSA, MARIA / CASTRO, FRANCISCO / CASTRO, RAQUEL / COUCEIRO CASTRO, MIRIAM / FRAGA, XESÚS / GIRÁLDEZ, DIEGO
As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas. Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias.
Con esa premisa, pedímoslles a dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribisen un relato tomando a rosa como elemento inspirador. E como hai tantas rosas coma estrelas no ceo, velaquí o resultado, dispar, diferente. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en todo caso, a verdade.
Literatura rosa, pouca.
Literatura grande, toda.