- Editorial:
- EDICIÓN DO AUTOR
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-09-26673-9
- Páxinas:
- 204
- Encadernación:
- Rústica
O NOVO PROLETARIADO DIXITAL NA ERA DO CAPITALISMO
O novo proletario dixital na era do capitalismo pandémico , do profesor e investigador social brasileiro , Ricardo Antunes presenta un retrato polo miúdo da clase traballadora do noso tempo , nas súas principais tendencias , e afonda na análise detallada das mudanzas no mundo do traballo que se veñen producindo a escala planetaria .
Para Antunes , a chegada da pandemai da COVID-19 é o resultado dunha letal simbiose entre a crise estrutural do capital , que leva varios anos , unha crise social abafadora e unha profunda crise política con consecuencias inimaxinables . Así , no libro constatase que a práctica existente nos últimos anso foi a destrución sistemática da lexislación laboral e social que protexe a clase traballadora , ao imponer un capitalismo depredador que a día de hoxe amosa a súa faciana máis violenta . O resultado é a expansión global dunha enorme taxa de desemprego , precariedade , temporalidade , etc , así como a aparición do novo proletariado de servizos , que se desenvolve no traballo dixital , nunha uberización que vai cada día en aumento ....