
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2008
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-679-2
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
O PIRATA PATA DE LATA
OLI
A este feroz pirata chámanlle Pata de Lata.
Non é torto nin birollo, mais leva un parche nun ollo.
Leva tamén unha espada, algo vella e moi fanada...
Chegan novas de que O pirata Pata de Lata deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e óso, ou simples espíritos. Porque o ancho mar xa non é o que era e a este bucaneiro revoltoso resúltalle cada vez máis complicado dar cun contrincante á altura das boas pelexas de antano,
sable en ristre. Os soños resultan ser o mellor refuxio onde dar renda solta ás súas ansias belicosas: durmir a pata de lata solta proporciónalle momentos de gloria, imaxinando múltiples batallas nas que, curiosamente, el sempre resulta vencedor.
Un relato para primeiros lectores, divertido e
enxeñoso. Os seus versos evocan un mundo mítico e transportan o público aos escenarios onde transcorren as rimas de Espronceda ou as aventuras de A illa do tesouro de Stevenson.
As ilustracións, que mesturan a técnica do collage
con materiais como tinta e acuarela, contribúen a crear
esa atmosfera intrépida e exótica.