0
O XIGANTE DO PANTANO

O XIGANTE DO PANTANO

MARNIER, RICHARD

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2013
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-450-0
Páxinas:
48
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

O Xigante do pantano vive só, no fondo dun lameiro escuro. É un mangallón que ten os dentes negros
e as uñas roídas, un comedor de nenos pegañento,
cuberto de musgo verde e de cogomelos azuis.

Cando chove, atrapa os nenos que chapuzan nos charcos e cómelles os pés.

Na vila todo o mundo o sabe: é imposible tratar co Xigante do pantano.


Moitas veces levantamos muros infranqueables construídos a base de prexuízos, desconfianza e, sobre todo, descoñecemento. Isto é, precisamente, o que ocorreu entre os habitantes do pobo deste conto e o Xigante do pantano.

Esta criatura e a os seus veciños están separados pola imaxe errónea que estes últimos teñen dela. Pero tamén porque o concepto que o Xigante do pantano ten de si mesmo impídelle relacionarse, o que alimenta aínda máis a súa falsa lenda.

O Xigante, malia a súa portentosa aparencia, é vulnerable e permeable á opinión dos demais, o que comunmente chamamos —así tamén o denomina o conto de Richard Marnier— “o que dirán”.

En ocasións, unha inseguridade excesiva lévanos a encerrarnos en nós mesmos e a distanciarnos dos demais e, ata, inmobilízanos e impídenos levar a cabo aquilo que anhelamos, ante o temor de ser reprobados ou censurados, tal e como lle sucede ao protagonista. Como resumía o pensador Ramón Llull: o amor move; o temor retrae.

—O Quedirán vixíame a todas horas e non me deixará saír do pantano.

É un monstro máis forte que un crocodrilo,
máis escorregadizo que un sapo e tan áxil como unha anguía.

Da existencia deste tipo de barreiras invisibles (as que nós mesmos nos creamos) alerta a historia de Marnier, quen elixe a unha nena valente e astuta para descubrir a verdadeira realidade do Xigante do pantano e así axudalo.

“O Xigante do pantano é diferente; é aquel a quen ninguén comprende, o que dá medo. É un ser complexo, un personaxe poderoso e introvertido, prisioneiro dos seus medos e da mirada dos outros”, describe o escritor, quen, para auxilialo, creou unha Camila que representa “a forza da vida: espontánea, inconsciente e xenerosa”.
A amizade da pequena con dous curiosos bichos, o Descoñecido e o Desconcertante, revela xa unha personalidade aberta, tolerante, nada voluble a xuízos externos.

Ademais, Camila, malia a súa curta idade, é suficientemente intelixente para saber que o Xigante do pantano, como calquera de nós, non pode librar só a batalla cos seus medos e inseguridades.

Así que embarca a todo o pobo no seu cometido de axudalo a liberarse das ataduras do Quedirán, e consegue dos seus habitantes un arma infalible para o Xigante: o seu afecto.

—Como? A nós? E que podemos facer?
–preguntou, estrañada, a xente da vila.
—Se me dicides ao oído palabras tenras, quizá poida axudalo…

Ao volver onda o Xigante,
Camila repítelle, unha a unha, as palabras da xente da vila.

A calor e afecto que transmiten estas palabras aparecen perfectamente plasmados por Géraldine Alibeu, quen aporta cores e formas agradables ás conversacións que os veciños manteñen sobre o Xigante, as cales, ata a mediación de Camila, representábanse tinguidas de negro chapapote e morfoloxía tenebrosa.

Alibeu representa eses diálogos en forma de bocadillos, propios do cómic, un xénero ao que recorda este terceiro traballo para OQO da ilustradora francesa, tras Un gato na árbore e Viches a león?

Precisamente, destaca que esta colaboración permitiulle unha renovación gráfica, ao traballar co gouache e cunha nova paleta de cores. “É a primeira vez que realizo un álbum con esta técnica”, subliña Géraldine.

A decisión de utilizar o gouache débese a que o resultado da súa textura parécese moito á que se obtén cos rotuladores “Posca”, que a ilustradora leva a todas partes para asinar dedicatorias.

En canto ás cores utilizadas, ao principio seleccionou algúns “Posca”, pero logo decidiu adaptar o seu paleta de pintura á cor dos rotuladores, cos que levou a cabo os detalles, mentres que utilizou o pincel para os fondos e a ambientación.

Para Alibeu, esta é a primeira vez que colabora tan estreitamente co escritor do conto, co que non deixou de intercambiar impresións, debido sobre todo a que hai moito de Richard Marnier na historia e, especialmente, nos seus dous personaxes protagonistas:

“Coñezo ben aos dous; Xigante e Camila están en min desde fai moito tempo. Cada día, a súa historia é a miña. Cada día, unha pequena valente, imprudente e temeraria, vén espertar ao doce e medorento xigante que vive no fondo do pantano. E, cada día, fanme viaxar”.

Artículos relacionados

  • NINA E TITA
    NINA E TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Unha proposta orixinal e chea de humor que rompe os estereotipos sobre as avoas.Nina e Tita son dúas avoas moi distintas ás que aparecen nos contos. Non camiñan con bastón nin quedan na casa tecendo: unha sempre anda ás présas; fai dieta e vai á piscina; a outra móvese en bicicleta; cociña á grella e practica ioga. «Será entón que os libros están errados?»; pregúntase a protago...

    14,50 €

  • ROSALÍATE
    ROSALÍATE
    MARTÍNEZ RECAMÁN, UXÍA
    Rosalía de Castro naceu nun tempo en que o galego era desprezado e as xentes do pobo sufrían inxustizas. Ela tivo o valor de cantar «na lingua que eu falo» e de denunciar os abusos, e converteuse nunha poeta universal. Coñece o esencial da vida e da obra de Rosalía. Rosalíate! ...

    15,50 €

  • EL LADRÓN DE VARITAS
    EL LADRÓN DE VARITAS
    MAÑAS, PEDRO / SIERRA LISTÓN, DAVID
    Anna Kadabra está esperando una visita muy especial. Se trata de su abuela Ágata, que la ha cuidado desde que era un bebé. Por desgracia, las reglas de su club le prohíben compartir con ella el secreto de su magia. Claro que, al quedarse solas, descubre que también la anciana esconde sus propios secretos…¡y un problema enorme! *** Descubre el mundo de Anna Kadabra y su mágico C...

    11,95 €

  • SUBE, SUBE Y SUBE
    SUBE, SUBE Y SUBE
    JADOUL, ÉMILE
    Una historia que une a grandes y pequeños; un álbum ideal para compartir a la hora de irse a dormir.¡Tap; tap; tap! Primero llega el conejito que sube; sube y sube. ¡Bam; bam; bam! Luego el pequeño cocodrilo que sube; sube y sube. ¡Bum; bum; bum! Más tarde el gran elefante; que sube; sube y sube. Luego la ratita y la rana; que quería hacerlo sin ayuda. Todos suben; suben y sube...

    16,00 €

  • SOBE, SOBE E SOBE
    SOBE, SOBE E SOBE
    JADOUL, ÉMILE
    Unha historia que une grandes e pequenos; un álbum ideal para compartir á hora de ir durmir.Tap; tap; tap! Primeiro chega o coelliño que sobe; sobe e sobe. Bam; bam; bam! Logo o pequeno crocodilo que sobe; sobe e sobe. Bum; bum; bum! Máis tarde o grande elefante; que sobe; sobe e sobe. Logo a ratiña e a ra; que quería facelo sen axuda. Todos soben; soben e soben pero… Onde irán...

    16,00 €

  • NINA Y TITA
    NINA Y TITA
    GARCÍA-HUIDOBRO, BEATRIZ
    Una propuesta original y llena de humor que rompe los estereotipos sobre las abuelas.Nina y Tita son dos abuelas muy distintas a las que aparecen en los cuentos. No caminan con bastón ni se quedan en casa tejiendo: una siempre anda deprisa; hace dieta y va a la piscina; la otra se mueve en bicicleta; cocina a la parrilla y practica yoga. «¿Será entonces que los libros están equ...

    14,50 €