0
OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS

OS XÉNEROS MUSICAIS TRADICIONAIS E POPULARES GALEGOS

QUINTAS, MOISÉS / PÉREZ, VICTORIA

35,00 €
IVE incluído
Editorial:
HÉRCULES EDICIONES
Ano de edición:
2025
Materia
Folk e etnomúsica
ISBN:
978-84-19754-86-8
Páxinas:
296
Encadernación:
Cartoné
Colección:
< Xenérica >
35,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos consta de dúas partes complementarias. Por unha banda, un texto onde quedan clasificados de xeito didáctico os xéneros cantados, instrumentais, bailados e danzados da nosa terra, afondando nas súas características, momento da interpretación, finalidade… E por outra parte, un CD con 31 melodías escollidas dos nosos cancioneiros e de fontes vivas, que recompilan a maior parte dos xéneros musicais que se tratan no texto, incluíndo as súas partituras.
Unha viaxe no tempo para sentir o alalá na voz cálida de Uxía, que nos leva séculos atrás, a esa hora do serán onde as notas melancólicas do alalá falan da alma de Galicia, para escoitar un arrieiro solitario turrando pola besta na impoñente voz de Xisco Feijoó, o anguriante canto de cego ao son da zanfona na profunda voz de Tino Baz, ou mesmo melodías de gaita inéditas do gaiteiro Libardón, escoitadas na montaña de Lobeira.
O noso desexo é que te achegues, coñezas e desfrutes dos xéneros musicais tradicionais e populares da nosa terra a través destas páxinas e audios, e así, valorar e apreciar este gran legado musical que nos pertence a todas e a todos

Artículos relacionados

  • MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA
    MAXICAMENTE VELLA, ETERNAMENTE NOVA
    CALLÓN, CARLOS
    Por que a túa tataravoa estaría contenta co Día das Letras de 2025? Que son as "recolleitas" que fascinaron a C. Tangana?Por que os Séculos Escuros tamén foron Séculos Radiantes?Que ten a cultura tradicional galega para abrir tanto os ollos de quen a descobre? ...

    11,50 €

  • FIM
    FIM
    R. FIGUEIREDO, ANA

    20,00 €

  • SABERES DE MARÍA DA VREA
    SABERES DE MARÍA DA VREA
    SOLLA, CALROS
    A colleita de María Fraíz Canaval dourouse á calor e lentura de quen todo nolo deixou: Pepa Canaval e Mamá Filomena. Carrexáronse as mazarocas da leira ao casal. Esfolláronse no alboio e, ben atondadas, curaron engordiño ao socairo do canastro. Do canastro á debulla, e da debulla ao muíño. Moeuse a gra en pedra borneira, e a fariña peneirouse ao xeito, enchendo sete folecas ben...

    26,50 €

  • LUAR NA LUBRE XX - ENCRUCILLADA
    LUAR NA LUBRE XX - ENCRUCILLADA
    ROMERO COPO, BIEITO
    Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración..., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados durante...

    34,00 €

Outros libros do autor

  • TERRA E ALMA
    TERRA E ALMA
    QUINTAS, MOISÉS
    Con este primeiro volume titulado Terra e Alma, un proxecto de Moisés Quintas que conta coa colaboración de Carlos Valcárcel e o Consello da Cultura Galega, Editorial Canela inicia a nova colección “Aires da Terra”, na que pretendemos incluír recreacións da música popular tradicional onde, coma neste caso, os autores aporten a súa sensibilidade e o seu respecto por ela.A colecc...

    22,00 €

  • GUÍA DIDÁCTICA DE INSTRUMENTOS GALEGOS (CONTÉN CD)
    GUÍA DIDÁCTICA DE INSTRUMENTOS GALEGOS (CONTÉN CD)
    QUINTAS, MOISÉS

    29,00 €