- Editorial:
- DIPUTACION DE OURENSE
- Ano de edición:
- 2026
- ISBN:
- 978-84-16643-80-6
- Páxinas:
- 456
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
OSMO CONCELLO DE CENLLE
ESTUDO PARA A INTERVENCIÓN NO MEDIO RURAL
AUTORES VARIOS
Esta publicación, froito do estudo piloto desenvolvido entre 2023 e 2024 a través do convenio entre a Fundación Universidade da Coruña e o Concello de Cenlle por iniciativa de AGADER, ofrece unha base teórica e práctica clave para os Plans de Dinamización das Aldeas Modelo.
Está centrado na aldea de Osmo (Cenlle, Ourense), e o traballo conta coa firma dun prestixioso equipo de arquitectos e investigadores Enrique Seoane Prado, Manuel García Docampo, César Portela, Manuel Gallego Jorreto, Vázquez Mosquera, Juan Cabanelas, Miguel Ferreira Villar e Mancho Trigo, coordinados por González-Cebrián Tello co fin de establecer unha metodoloxía de análise e intervención coherente coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
A través do estudo do agregado rural e o seu casarío, a obra afonda na relación histórica do asentamento coa topografía, a auga, as corredoiras e as regras de convivencia comunitaria.
Apoiado nunha minuciosa cartografía revisada pé a terra, fichas descritivas e unha maqueta dixital en 3D, este libro convértese nunha ferramenta indispensable e rigorosa que combina investigación territorial e reflexión disciplinar, achegando un modelo de actuación replicable para o futuro, o patrimonio e o desenvolvemento sostible de boa parte do rural galego.