
- Editorial:
- SERMOS GALIZA
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-09-70650-1
- Páxinas:
- 66
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- A riqueza da Galiza
PASADO E PRESENTE DA VIVENDA EN GALICIA
VILAS FERNÁNDEZ, MANUEL
O profesor Vilas realiza unha análise exhaustiva da vivenda como subsector de construción de residencias habitábeis. No libro presente e mediante instrumentos analíticos axeitados desvéndanse os elementos que rodean o acceso á mesma e que son complexos, mesmos estruturais. A oferta e a demanda, a evolución dos prezos, a relación desa evolución coa da renda dispoñíbel, os segmentos de demanda por idades e renda, así como o papel das perspectivas económicas xerais. A política económica de vivenda á tratada de forma clara como elemento de contrapeso ao mercado mais de longo prazo, necesariamente.
Na Galiza dáse unha situación ben diferenciada da do resto do estado: por propiedade, por vivenda paga -mellor que no resto do Estado- e por maior incidencia do paro xuvenil- peor acceso nesa franxa de idade. Os desequilibrios e dificultades do acceso non foron paliados por unha política de vivenda pública de responsabilidade autonómica xa que practicamente non existiu.