
- Editorial:
- OUVIRMOS S.L.
- Ano de edición:
- 2014
- Materia
- Cociña e técnicas culinarias
- ISBN:
- 978-84-941053-6-4
- Páxinas:
- 56
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Cociña infantil e familiar
PRATOS DO MUNDO
DIVERTIDOS, FÁCILES, CREATIVOS. 20 RECEITAS
CARUNCHO, MIGUEL A. / CIDRE, DAVID / MARTÍNEZ, SANTIAGO / PEREIRO, XENXO
A colección de Cociña infantil e familiar atravesa as fronteiras e achégase á gastronomía dos outros continentes. Desde Australia até Arxentina pasando por Xapón ou Alemaña, Pratos do mundo descúbrenos algunhas das comidas máis populares destes e moitos outros países. Vinte receitas explicadas paso a paso de pratos como a musaka búlgara, o bacalhau à Brás de Portugal ou as arepas venezolanas, ademais de sorpresas doces como a torta Selva Negra (Alemaña), o tiramisú (Italia) ou os panqueques con doce de leite (Arxentina). O libro vai ademais acompañado de múltiples consellos e recomendacións así como dun artigo que nos convida a facer unha viaxe ao redor do mundo a través da cociña dos cinco continentes.