- Editorial:
- GUIVERNY EDITORIAL
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-123426-8-0
- Páxinas:
- 208
- Encadernación:
- Rústica
SAGAS EMPRESARIAIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Un grupo de nove especialistas vencellados á USC investigan nun volume de gran formato máis de catorce empresas familiares compostelás, representativas de distintos sectores como a industria, a banca, o comercio ou a hostelería, poñendo de exemplo estas sagas como sostén da economía da cidade. Nos textos que conforman cada capítulo, atópanse fotografías da época, árbores xenealóxicas e datos relevantes da memoria histórica de Santiago, construída sobre as a vida e o traballo de varias xeracións, algunhas das cales aínda permanecen en activo na actualidade.