- Editorial:
- EDICIONS MORGANTE
- Ano de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-15166-13-9
- Páxinas:
- 434
- Encadernación:
- Otros
SUPERDICIONARIO CASTELÁN-GALEGO
SALGUEIRO, RAFAEL / COLLAZO, SUSANA
O Dicionario de uso Castelán-Galego constitúe un instrumento para guiar a aqueles que a diario traballan coa lingua galega. Esta obra lexicográfica toma como base para a súa elaboración o Dicionario Castelán-Galego da Real Academia Galega, mais presenta un valor engadido: o incremento de entradas e acepcións ata os 27.000 artigos, a inclusión de 17.000 locucións e 2.500 topónimos, e o seu sometemento a un uso real e intensivo ao longo de cinco anos de intenso traballo tradutolóxico con distintos materiais literarios, científicos, educativos e técnicos na nosa editorial.
As solucións lingüísticas que achegamos, contrastadas no seu momento co Termigal, o CORGA, o VOLGA, así como con distintas obras lexicográficas, dan forma a unha ferramenta eminentemente práctica que quere servir de axuda a quen traduce frecuentemente do castelán ao galego, ou ten un maior dominio expresivo en castelán, e quere acadar unha competencia semellante na nosa lingua.