0
TERRA E ALMA

TERRA E ALMA

QUINTAS, MOISÉS

22,00 €
IVE incluído
Editorial:
CANELA PRODUCIÓNS, EDITORIAL ETNOGRÁFICA
Ano de edición:
2017
Materia
Música
ISBN:
978-84-697-6654-5
Páxinas:
130
Encadernación:
Rústica
Colección:
Aires da Terra
22,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Con este primeiro volume titulado Terra e Alma, un proxecto de Moisés Quintas que conta coa colaboración de Carlos Valcárcel e o Consello da Cultura Galega, Editorial Canela inicia a nova colección “Aires da Terra”, na que pretendemos incluír recreacións da música popular tradicional onde, coma neste caso, os autores aporten a súa sensibilidade e o seu respecto por ela.

A colección comeza cun senlleiro canto da nosa sociedade tradicional, un canto que non precisa doutro acompañamento máis que o propio ritmo da respiración, do corpo, do camiñar ou do traballo que exerce quen o entoa. Un canto caracterizado, entre outros elementos que explica o autor no libro, polo seu aire lento e moderado que nos transporta á inmensidade da terra cun son abrollado da propia alma, unha suave cadencia que nos leva polo noso interior cara a un lugar sublime; polo emprego dos melismas suscitados na emisión de varias notas sobre calquera vogal incluída na letra do cantar… Un canto que permite a improvisación e a recreación, o gozo ou, mesmamente, a inventiva efémera do cantor nese pequeno recullo ou na inmensidade onde se encontra consigo mesmo.

En Terra e Alma conxúganse dous elementos esenciais da nosa vida, perfectamente concibidos e representados por Moisés, músico e mestre de músicos, ademais de profundo coñecedor da nosa tradición musical, que nesta obra nos achega a ese ar tan coñecido, e ao mesmo tempo tan descoñecido, que é o Alalá.

Ademais, e como luxoso adobío, o fotógrafo Carlos Valcárcel aporta unha escolma de fermosas imaxes, inmortalizadas por el nas décadas dos anos 60, e 70 do século pasado, que poñen de manifesto o sentir da música escollida por Moisés. A través deses instantes pasados inseridos no papel é posible asistir á historia do pobo, a uns tempos que foron e que aínda se senten estar. Unhas imaxes nas que se revive con autenticidade e sen retoques a realidade da cultura popular tradicional, a dos oficios, os traballos, as paisaxes…

O libro vai acompañado por un CD no que se recrean os alalás, adaptados a diversos instrumentos musicais que reproducen as melodías ou as harmonías e que son acompañados de diferentes ambientes sonoros naturais cedidos para esta ocasión polo Consello da Cultura Galega. No que abre o disco aparece tamén a voz, constituínte imprescindible dos alalás tradicionais, que os galegos utilizaban como exclusivo instrumento para a execución deste aire musical, como se pode apreciar no que pecha o CD, interpretado “a capella” no seu máis puro estilo popular. E, no anterior, quedará rexistrada para sempre a palabra da propia nai do autor, principal informante e referenza musical, tamén, do músico.

Artículos relacionados

  • INDILOGÍA
    INDILOGÍA
    CASTAÑEDA, NANI
    Un libro que se lee, se canta, se escucha y se baila. Esta antología es un viaje por cuatro décadas y 46 discos de la historia de la música independiente. Dicen que el indie ya no existe. O al menos ya no es lo que era. Pero, ¿qué es es el indie? ¿Ha muerto o sigue vivo? ¿Y eso de la música alternativa? Con este libro recordarás aquellas noches de incendio, te emocionarás, disc...

    24,90 €

  • CANTAREIRAS
    CANTAREIRAS
    VARELA, ICÍA / VARELA, XOSÉ MANUEL
    Un percorrido polo legado da música e a poesía popular.A tradición das pandeireteiras.As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás.Da man da pandeireteira Icía Varela e o investigador Xosé Manuel Varela. ...

    11,50 €

  • LA MUSICA
    LA MUSICA
    AUTORES VARIOS
    ¿Puedes reconocer cómo suenan un clarinete, una guitarra eléctrica y un timbal?Descubre instrumentos musicales de todo el mundo mientras escuchas música clásica, jazz, rock, música africana y samba. Y descubre las familias de instrumentos: vientos, cuerdas, percusión y eléctricos. ...

    15,95 €

  • ISTO É ROCK!
    ISTO É ROCK!
    BECERRA, JAVIER
    Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero trabucáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive aínda hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis J...

    19,00 €

  • EL PEQUEÑO LIBRO DEL ROCK. EDICIÓN AMPLIADA
    EL PEQUEÑO LIBRO DEL ROCK. EDICIÓN AMPLIADA
    UN LIBRO PARA DISFRUTAR A3 REVOLUCIONES POR MINUTOl pequeño libro del rock es una serie de nombres, sonidos, riffs, estribillos, historias y anécdotas que se enlazan y se ex-anden en un torbellino cronológico. Es una parte de tu vida, una muestra de lo que te gusta (y lo que no) presentada en pequeñas instantáneas. Sin juicios, sin pontificar. Solo un ins-ante tras otro de feli...

    28,00 €

  • DESDE EL JERGÓN
    DESDE EL JERGÓN
    SANTIAGO, JOSELE
    LAS MEMORIAS DE JOSELE SANTIAGO DE LOS ENEMIGOSJosele Santiago (Madrid, 1965) es una de las voces más inconfundibles del rock español. Al frente de Los Enemigos, o más tarde como solista, ha compuesto y cantado con su voz aguardentosa impregnada de dolor y júbilo uno de los cancioneros más perdurables de la música popular en lengua española."Desde el jergón" son una suerte de m...

    16,90 €

Outros libros do autor