0
TONINO

TONINO

SALAS, MIGUEL

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2013
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-252-0
Páxinas:
40
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

El é un pingüín e chámase Tonino:
chaqueta con faldróns, cuíño ?no,
pico laranxa e ollos de botón,
regordecho e zoupón.

Tanto lle ten ao noso pingüiniño
o que pensen familia e mais veciños.
El soña con marchar para o deserto;
é o único certo.

Esta é a historia atípica dun pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar… ata Tunisia!

Unha vez alí, para atravesar o deserto, non dubida en comprarse un camelo, pero este, do mesmo xeito que a historia e o seu protagonista, tamén ten a súa singularidade: coxea e tropeza ao andar.

Aínda que o desexo de Tonino é rechamante, non o é anhelar aquilo que dista do que temos ou somos, tamén é moi habitual que os pequenos se sintan atraídos pola aventura ou o descoñecido. Esta é unha característica da infancia e unha forma habitual de aprendizaxe.

Por iso, non estamos ante unha decisión tan estrambótica. Tonino podería ser un neno ou adulto calquera que, coma todos, nalgún momento da vida, ansía saír da rutina e fuxir do que é ou cre que non é.

O pingüín emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura. Inicia, así, unha viaxe espazo-temporal e, principalmente, de madurez e aprendizaxe.

Como adoita suceder cos relatos de viaxes, esta tamén é unha metáfora da vida, que nos demostra que valoramos o que temos en canto o perdemos. É o que axiña descobre o noso entrañable e divertido personaxe.

Para o escritor, Miguel Salas Díaz, Tonino é un conto sobre o “difícil equilibrio entre o desexo de vivir emocionantes aventuras e a necesidade da calor familiar”.

Cando se enfrontou á historia, o ilustrador Paolo Domeniconi tamén tivo claro que esta era a principal mensaxe do conto e así o intentou plasmar, xogando sobre todo coa cor. Consecuentemente, representou as noites no deserto de Tonino, apenas iluminadas e con tons apagados.

Ademais, o oasis carece da connotación de felicidade que adoita supoñer noutros contextos. No conto, aparece coma un espello no que se reflicte a soidade do protagonista. Pola contra, coa volta a casa e o redescubrimento dos afectos, as ilustracións recuperan a enerxía e a cor.

Domeniconi explica que, nas súas ilustracións, buscaba transmitir que a orixe da marcha de Tonino está na súa curiosidade insaciable e nas ganas de coñecer outros lugares —de aí os seus ollos “grandes e expresivos” — e que a súa fuxida non se debe nin á súa familia nin ao seu fogar, que define de “acolledores”. Por iso, a gama cromática de tons cálidos para o Polo.

Como anécdota sobre a súa primeira colaboración con OQO, o ilustrador explica como deste traballo xurdiu a oportunidade de dar vida a unha imaxe que “tiña en mente desde facía tempo”. Para regresar ao Polo, Tonino utiliza un peixe submarino cunha forma insólita, que vén dunha pregunta que lle “atormentaba”: “se os avións teñen ás, por que os submarinos non teñen aletas”?

Nesta edición hai que salientar, ademais do papel do escritor e do ilustrador, o da tradutora ao galego, Yolanda Castaño. É recoñecible o dominio do verso, da rima e do ritmo da poetisa, o que lle confire un carácter especial á tradución.

Cómpre gabar o resultado da mesma, xa que se enfrontou a un texto cunha rima consonante—xa de por si complicada— e coa dificultade engadida da obriga de adaptarse ás imaxes, o que limita o enriquecedor recurso das licencias poéticas. No entanto, permitiuse algunha delas, dándolle frescura e vida propia á edición en galego.

Artículos relacionados

  • UN ZOO
    UN ZOO
    TAPSELL, MICAELA
    Con cinco fantásticos pop-ups, este libro te lleva a un mundo lleno de sorpresas: conocerás a traviesos pingüinos en una divertida fiesta en la piscina y verás cómo ingeniosos lémures resuelven rompecabezas.En la zona de safari descubrirás animales con todo tipo de patrones fascinantes, desde jirafas y cebras hasta pintadas de Guinea con rayas.Después, te adentrarás entre basti...

    11,50 €

  • YA LLEGA EL FRÍO
    YA LLEGA EL FRÍO
    NOLAN, KATE
    Colorea alegres erizos y ágiles ardillas, bayas brillantes y hojas que caen en este precioso libro de dibujos otoñales. Con más de 90 divertidas y sencillas figuras contorneadas para colorear, ofrece horas de entretenimiento mientras ayuda a los más pequeños a desarrollar la motricidad fina y el control del trazo. ...

    5,50 €

  • VAMOS A LA SELVA
    VAMOS A LA SELVA
    KNAPMAN, TIMOTHY / ROBINS, WESLEY
    Prepárate para un viaje fascinante a través de las capas de este libro.¡Un libro perfecto para descubrir la selva y sus habitantes! Contiene un montón de información específica, rica, variada y explicada de manera irreverente, perfecta para niños y niñas interesados en los animales y la naturaleza.¡Explora las distintas capas de la selva en este libro interactivo! Un libro de c...

    14,94 €

  • MI GATO. LIBRO DE RECUERDOS
    MI GATO. LIBRO DE RECUERDOS
    AUTORES VARIOS
    Captura los recuerdos especiales junto a tu compañero de vidaEste libro es una mezcla de diario, cuaderno y álbum de fotos diseñado para capturar un recuerdo único y especial, tan especial como tu gato: podrás conservar datos y momentos importantes, guardar fotos impresas en un mundo cada vez más digital y revivir anécdotas divertidas, instantes emotivos y todas las aventuras q...

    14,94 €

  • MI PERRO. LIBRO DE RECUERDOS
    MI PERRO. LIBRO DE RECUERDOS
    AUTORES VARIOS
    Captura los recuerdos especiales junto a tu compañero de vidaEste libro es una mezcla de diario, cuaderno y álbum de fotos diseñado para capturar un recuerdo único y especial, tan especial como tu perro: podrás conservar datos y momentos importantes, guardar fotos impresas en un mundo cada vez más digital y revivir anécdotas divertidas, instantes emotivos y todas las aventuras ...

    14,94 €

  • SUPERLIBRO DE ACTIVIDADES DE ARTE
    SUPERLIBRO DE ACTIVIDADES DE ARTE
    HULL, SARAH / BAER, SAM
    Lleno de emocionantes proyectos artísticos que puedes realizar solo con el contenido de tu estuche de lápices, este divertido libro seguro te entretendrá durante horas. Dibuja un autorretrato, crea esculturas que se encajan, haz versiones con pegatinas de famosas pinturas, colorea por números y mucho, mucho más. A lo largo del camino podrás descubrir datos fascinantes sobre art...

    9,50 €

Outros libros do autor

  • CRECER EN EL ASOMBRO
    CRECER EN EL ASOMBRO
    SALAS, MIGUEL
    El asombro es una poderosa emoción que hemos olvidado en un mundo acelerado y saturado de estímulos. Sin embargo, es fundamental para enriquecer nuestra vida, fortalecer nuestras relaciones y redescubrir el placer de aprender y de enseñar. Miguel Salas, apoyado en reflexiones de grandes pensadores y en los últimos descubrimientos científicos, nos guía para recuperar esta emoció...

    20,00 €