0
UN BANQUETE FABULOSO

UN BANQUETE FABULOSO

MORALES, JOSÉ

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2024
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-727-3
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Peluxiña é a última en nacer nunha gran familia de coellos. A comida non é suficiente para todos e a pequerrecha sempre queda con fame, así que unha noite decide saír da coelleira e procurar alimento pola súa conta; pero o bosque está cheo de perigos e sorpresas e, nesta aventura, a intrépida coelliña levará algún bo susto do que sairá vitoriosa grazas ao enxeño,
a tenacidade e a sabedoría que irá adquirindo no seu camiño.
E se o problema inicial era a falta de comida, o desenlace e agasallo final será “un banquete fabuloso” para a familia toda, resultado da afouteza e tenacidade da nosa pequena protagonista.
Cunha trama simple e unha estrutura divertida, que lembra algúns contos tradicionais, Peluxiña espertará a simpatía dos máis cativos, que poderán acompañala e, ao seu carón, vivir emocións, superar contratempos e enfrontar medos, dificultades e perigos, ata chegar o merecido triunfo final.
En definitiva, unha divertida historia de José Morales sobre o crecemento, a aprendizaxe e a perseveranza na procura de obxectivos.
As dinámicas e eficaces ilustracións de Mar Ferrero e os magníficos personaxes que crea, fan que o tempo narrativo flúa con facilidade, permitindo que o pequeno lector entenda o proceso de crecemento e sinta a fantasía do texto como unha experiencia propia.
Ademais, nas ilustracións, podemos atopar divertidas chiscadelas que axudan a interpretar visualmente detalles non transmitidos en palabras, cunha formulación que abre a porta a novos significados e insuflan vida á relación palabra-imaxe.

Artículos relacionados

  • ÁLEX TEN VERGOÑA
    ÁLEX TEN VERGOÑA
    SHALOSHVILI, NATALIA
    Unha historia tenra e divertida que convida a superar a timidez e a compartir xogos e afectos. Cando Álex chega á casa de Leo para gozar dunha tarde de xogos, encóntrao cheo de enerxía e listo para a acción. Leo quere xogar coa súa amiga aos restaurantes, formar con ela unha banda de rock ou voar xuntos á Lúa. Álex imaxínase preparando esponxosos pasteis, actuando sobre o escen...

    16,00 €

  • ÁLEX TIENE VERGÜENZA
    ÁLEX TIENE VERGÜENZA
    SHALOSHVILI, NATALIA
    Una historia tierna y divertida que invita a superar la timidez y a compartir juegos y afectos.Cuando Álex llega a casa de Leo para disfrutar de una tarde de juegos, lo encuentra lleno de energía y listo para la acción. Leo quiere jugar con su amiga a los restaurantes, formar con ella una banda de rock o volar juntos a la luna. Álex se imagina preparando esponjosos pasteles, ac...

    16,00 €

  • YA NO SOY MALO
    YA NO SOY MALO
    MERLÁN, PAULA
    Lobo Feroz vive en los Bosques Floridos con su amigo Erizo Rufo. Juntos vigilan que no haya incendios, limpian los bosques y reciclan la basura que encuentral por le camino. Aun así, algunos desconfían de él. Lobo Feroz ya no es malo, pero ¿será capaz de demostrarlo? ...

    17,50 €

  • CERCA
    CERCA
    COLOMBO, NATALIA
    El Señor Pato, como todos los días, se va a trabajar. El Señor Conejo, como todos los días, también se va a trabajar. Siempre se cruzan… Así comienza esta obra ganadora de la primera edición del Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado, una fábula moderna  sobre la incomunicación, y  una reflexión poética y profunda sobre las relaciones interpersonales y el individual...

    14,00 €

  • UNHA VOLTA AO ANO
    UNHA VOLTA AO ANO
    RUIZ JOHNSON, MARIANA
    Unha historia que cando termine volverá comezar, pero nada será igual. Unha viaxe a través das estacións para celebrar os cambios grandes e pequenos da vida. Chea de humor, tenrura e sensibilidade, esta obra protagonizada por unha simpática familia de ratiños retrata todo aquilo que sucede ao longo dun ano e do ciclo das estacións: momentos marabillosos e outros non tanto, apre...

    16,00 €

  • UNA VUELTA AL AÑO
    UNA VUELTA AL AÑO
    RUIZ JOHNSON, MARIANA
    Una historia que cuando termine volverá a comenzar, pero nada será igual. Un viaje a través de las estaciones para celebrar los cambios grandes y pequeños de la vida. Llena de humor, ternura y sensibilidad, esta obra protagonizada por una simpática familia de ratoncitos retrata todo aquello que sucede a lo largo de un año y del ciclo de las estaciones: momentos maravillosos y o...

    16,00 €